Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Especiais » Visitas km0

14/01/2010

km0. A Asociación de Persoas Xordas de Lugo visitou a Fundación TIC

Unha veintena de membros da Asociación de Persoas Xordas de Lugo visitou o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC, que depende da Deputación de Lugo. O grupo percorreu as instalacións na compaña de profesionais que traballan no CPP, que foron os encargados de darlle a coñecer os segredos do mundo audiovisual.

A actividade permitiulles situarse diante das cámaras, nos platós nos que se graban os programas que emiten as cadeas de televisión local da provincia, e observar o traballo que se estaba a facer, nese momento, na sala de redacción e nas cabinas de edición do CPP.

A visita enmárcase no programa de viaxes institucionai Kms0, dentro do que a Asociación de Persoas Xordas elexiu desprazarse ó Centro de Produción de Programas da Fundación TIC, antes de continuar o itinerario que os levaría a Guitiriz.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet