Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Especiais » Visitas km0

08/02/2012

km0 A Asociación de Veciños de Orbazai visitou a Fundación TIC

Unhas 50 persoas da Asociación de Veciños de Orbazai visitaron o pasado 2 de febreiro a Fundación TIC no marco das rutas KM 0 que promove a Deputación de Lugo. Estas visitas permiten achegar a tólodos lucenses os labores da intitución provincial e dar a coñecer a riqueza medioambiental e cultural de numerosos lugares mediante rutas turísticas.

Neste caso os membros da Asociación despois de ser benvidos no Pazo de San Marcos achegáronse ata o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC para coñecer o labor que desenvolve para promover as tecnoloxías de información e da comunicación e dar formación aos alumnos da Escola de Imaxe e Son e tamén coñecer como é o traballo nunha productora de televisión.

Despois marcharon para completar a ruta de 'Adegas e miradoiros' que inclúe un xantar nun restaurante de Doade, en Sober; a visita ao petroglifo de Xestal e a igrexa románica de Proendos. Unha visita degustación a unha adega de denominación de orixebRibeira Sacra, en Santiorxo e paseo que inclúe a visita ó Santuario de Cadeiras, de alí á área recreativa e ata o miradoiro de Cadeiras sobre o Río Sil.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet