Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Especiais » Visitas km0

30/03/2012

KM0. As encaixeiras de Burela no Centro de Produción de Programas da Fundación TIC

Un grupo de preto de 50 persoas de Burela, pertencente ao grupo de encaixeiras visitaron o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC. Nesta visita puideron coñecer o labor de formación realizado por esta institución na Escola de Imaxe e Son e os pormenores do traballo interno dunha produtora de televisión.

Ademáis desta visita as encaixeira de Burela participantes no progrma da Deputación de Lugo km0 escolleron realizar a Ruta de catamarán por Amandi, que inclúe xantar nunha adega, en Francos (Doade)a Visita degustación á adega, ruta a pé ata miradoiro de A Pena do Castelo sobre Río Sil,desprazamento ata embarcadoiro de Ponte do Sil (Doade) e a travesía fluvial en catamarán contemplando as viñas de Amandi.

Con estas visitans a Deputación de Lugo pretende promocionar e dar acoñecer entre os propios lucenses as riquezas naturais, culturais e artísticas da provincia e achegar o labor dos centros dependentes deste organismo provincial.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet