Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Especiais » Visitas km0

30/03/2012

km0. A Asociación de pensionistas de Cospeito coñece de preto a Fundación TIC

A Asociación de pensionistas de Cospeito achegáronse á Fundación TIc no marco do programa da Deputación KM0, que pretende achegar aos lucenses a riqueza natural, turística e cultural da provincia e as instalacións e centros dependentes da Deputación de Lugo.

Na TIc puideron coñecer o labor de formación realizado na Esocla de Imaxe e Son e no Centro de Produción de Programas, onde se desenvolven alguns dos traballos e prácticas dos alumnos. Ademais puideron descubrir como funcina por dentro un estudio de televisión e o traballo diario dunha productora que pretende difundir e facilitar as informacións sobre a provincia.

Ademáis desta visita realizaron a ruta de 'Viveiro Histórico' que inclúe un xantar en O Val do Naseiro, a Igrexa de Santa María do Campo (Viveiro), aos restos de muralla romana e medieval, á Porta de Carlos V, un paseo litoral pola praia de Covas e a vista panorámica desde o alto de San Roque.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet