Produtora » Novas de Lugo » 2009

29/12/2009

A Deputación acolle a estrea do documental sobre a espía lucense Araceli

Presentación Presentación "Hitler, Garbo e Araceli"

O Salón de actos da Deputación acolle o mércores ás oito da tarde, a premier do documental: “Hitler, Garbo… e Araceli”, no que colaborou a Fundación TIC e os seus alumnos

Este documental, de dúas horas de duración, forma parte da campaña emprendida para recuperar a figura histórica da lucense Araceli González, unha auténtica “Axente 007” pero natural da parroquia de Coeses e peza clave na historia do século XX. Estivo sempre a sombra do seu marido, o espia dobre Juan Pujol, máis coñecido coma 'Garbo', pero pouco a pouco a súa figura está a ser recuperada, o matrimonio foi clave ó conseguir confundir ós alemáns no desembarco de Normandía, mudando o curso da historia e marcando o principio do fin da Segunda Guerra Mundial.

Na presentación ante os medios de comunicación, o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro suliñou que "Era de xustiza poñer en valor a traxectoria desta muller fascinante, cosmopolita e adiantada ó seu tempo". Na rolda de prensa estivo compañado polo director do documental e director xeral de El Progreso, José de Cora, e dous dos principais actores, Mara Miñano, protagonista co papel de Araceli; e Ramón Saqués, no papel do seu marido, o famoso espía dobre Juan Pujol.

Como guiño á cidade de Lugo no reparto do documental participan unha serie de personaxes coñecidos como o alcalde Orozco, o presidente da Deputación, Gómez Besteiro, o vicepresidente Bao, o escritor Paco Martín, o comisario de Policía, Máximo Losada, o presidente do Círculo das Artes, Jesús López, o xornalista Paco Rivera e o deportista Chilares.

José de Cora, director do documental, agradeceu o apoio das institucións e a impricación de toda a xente de Lugo do mundo político, social e deportivo. Ademáis, o director anunciou que despois da premier deste mércores na Deputación, o documental será emitido os dias 6 e 13 de xaneiro na TVG2, segundo canle da televisión de Galicia, e os días 11 e 18 na TVG.

Colaboración da Fundación TIC
A Fundación TIC se implicou desde o primeiro momento neste apaixoante proxecto audiovisual rodado fundamentalmente en Lugo –ademais dalgunhas escenas en Londres e Normandía-, coa participación de 50 personaxes e figurantes, executado por unha empresa lucense cun equipo técnico de 15 persoas e no que colaboraron alumnos bolseiros da TIC.

O Presidente destacou especialmente “a colaboración dos nosos bolseiros porque a nosa prioridade é a inserción laboral dos alumnos”. Neste senso, lembrou que “ademais dos 11 convenios de colaboración que xa se asinamos con entidades sociais de Lugo e con máis de 60 empresas galegas e nacionais, este documental é outra porta cara o emprego no mundo audiovisual”.



Video sobre a rodaxe

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player




< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet