Produtora » Novas de Lugo » 2010

04/01/2010

Mais de 60 escolares de Guitiriz visitan o centro de Producción e Programas da Fundacion TIC

Os rapaces tiveron o seu primeiro contacto co mundo televisivo. A visita, que se prolongou durante todo o día, encádrase dentro das actividades navideñas que organiza o Concello para os máis pequenos

Máis de 60 escolares visitaron este lúns, o Centro de Producción e Programas da Fundación Tic, dependente da Deputación de Lugo, para coñecer mais de cerca o mundo televisivo. Os nenos, que era a primeira vez que estaban nun plató de televisión, aproveitaron a ocasión para poñerse diante dunha cámara de vídeo e mesmo facer de intérpretes.

Os rapaces, de entre 4 e 15 anos, descubriron tamén, o valor natural, etnográfico, histórico, e cultural da Reserva da Biosfera Terras do Miño e realizaron un percorrido polas salas do Centro de Interpretación do Río Rato.

A viaxe forma parte da programación de Nadal que o Concello de Guitiriz organiza cada ano, e que ven desenvolvendo dende o 23 de Decembro para os rapaces de todos os centros escolares do municipio. Este ano, o equipo de goberno desta localidade decidíu mostrar ós rapaces a riqueza medioambiental da provincia e a importancia das novas tecnoloxías.

A actividade prolongouse ata ven chegada a tarde, xa que logo do xantar, os nenos gozaron dunha tarde de cine, no centro comercial “As Termas”, coas películas de Animación mais taquilleiras destas datas navideñas.

O día 5, Guitiriz pechará a programación de actividades para os máis cativos coa cabalgata de Reis Magos, que arrancará as 17 horas polas rúa principal da vila, ata chegar o pavillón municipal. Da mesma forma, nesta mesma xornada o Concello fará entrega das becas de transportes, unha iniciativa valorada en máis de 4 mil euros que premia con bonos aos mozos que se desprazan en transporte público

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet