Produtora » Novas de Lugo » 2010

25/03/2010

A Fundación TIC realizará a XXXV Copa de Voleibol da Raíña que emitirá en directo Canal +

imaxe dun partido de voleivol femininoimaxe dun partido de voleivol feminino

Bolseiros da Escola de Imaxe e Son participan neste proxecto dentro da aposta da Deputación pola inserción laboral dos alumnos.

Os encontros, no que o equipo da cidade do Cabe partirá como cabeza de serie, disputaránse en Monforte de Lemos dende o 25 ó 28 de marzo.

Técnicos da Fundación TIC, e bolseiros da Escola de Imaxe e Son –dependente da Deputación-, faranse cargo da realización da Copa de Voleibol da Súa Maxestade a Raíña que emitirá en directo, e en exclusiva, Canal + na súa canle de deportes. A xornada deportiva celebrará dende o 25 e ata o 28 de marzo no pavillón de deportes da Pinguela en Monforte de Lemos.

Deste xeito, os dous primeiros partidos de cuartos de final disputaranse o xoves 25 de marzo, para pechar a rolda un día despois. O sábado 27 celebraranse as dúas semifinais, e o domingo 28 de marzo a gran final do torneo. Como cabeza de serie partirá o equipo monfortino e organizador desta edición, o Xacobeo 2010 Ribeira Sacra.

Formación de profesionais
Bolseiros da Escola de Imaxe e Son, acompañados polos técnicos da Fundación TIC, participarán neste proxecto dentro da aposta da Deputación pola inserción laboral dos alumnos. Da mesma forma, recentemente os antigos alumnos tamén colaboraron na grabación do último video clip da cantante Lucía Pérez grazas a un convenio de colaboración da TIC coa artísta. Trátase dun traballo que se verá por toda España e en Sudamérica, e que ademais promociona o Camiño de Santiago o seu paso por Lugo, e a Muralla lucense.

Na actualidade, a Fundación TIC, a única produtora da provincia luguesa, mantén relación con máis de 60 empresas nacionais para ás que produce contidos audiovisuais de toda índole, dende retransmisións de eventos deportivos, realización de videoclips musicais, á realización e produción de programas televisivos.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet