Produtora » Novas de Lugo » 2010

14/12/2010

Fundación TIC e Concello de Lugo promocionan a Muralla entre a mocidade cun curso de curtas sobre o Monumento

curtas murallacurtas muralla

- A Deputada e membro do Padroado do organismo dependente da Deputación e a Concelleira de Xuventude fixeron entrega dos diplomas ós 15 participantes da acción formativa, incluída na programación de Lugo 10
- Tras 50 horas de formación práctica e teórica, os cursillistas realizaron unha curta, duns seis minutos, titulada Si las piedras se hablasen que proxectaron na entrega

A Deputada e membro do Padroado da Fundación TIC, Regina Polín, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, entregaron este venres os diplomas ós participantes no curso de curtametraxes sobre a Muralla, organizado polo organismo dependente da Deputación e o Concello de Lugo dentro do programa Lugo10, co que ambas as dúas administracións están a promocionar o Monumento bimilenario, con motivo do seu décimo aniversario como Ben Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO.

Neste senso, Regina Polín subliñou que “estes títulos son o premio polo traballo realizado durante estes meses, co que conseguimos poñer en valor un dos bens máis preciados da nosas cidade e da provincia”. Deste xeito, “tamén damos a coñecer o traballo que realiza a primeira Escola audiovisual da provincia, dando unha oportunidade ós xóvenes da provincia para comezar no mundo da imaxe e do son”.

Pola súa banda, Rosana Rielo destacou que “con este curso demostramos, unha vez máis, a calidade da canteira de artistas que temos na cidade. Quero agradecer a participación e implicación de todo o alumnado, dos profesores e dos extras que colaboraron na rodaxe e a Deputación coa Fundación TIC sen a cal este curso non sería posible”.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet