Produtora » Novas de Lugo » 2011

11/01/2011

A Fundación TIC difunde o labor de 38 asociacións e empresas coa participación de bolseiros da EIS

38 asociacións38 asociacións

Gómez Besteiro asina novos acordos con representantes de 9 empresas, que incorporaron con éxito as novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio, para difundir as súas actividades a través de vídeos promocionais
O Presidente subliña que “con estas colaboracións contribuimos á inserción laboral dos nosos antigos alumnos e fomentamos o uso das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia”

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e representantes de 9 empresas da provincia, que incorporaron con éxito as novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio, asinaron este martes os convenios de colaboración para difundir as súas actividades a través de vídeos promocionais nos que participarán bolseiros da Escola de Imaxe e Son; o único centro da provincia que imparte ensinanza especializada do eido audiovisual. A semana pasada, Gómez Besteiro chegaba a acordos con outras seis asociacións sen ánimo de lucro, polo que con estas suman un total de 38 as asociacións e empresas coas que colabora a Fundación para difundir o labor que están a desenvolver.
Gómez Besteiro apuntou que “neste caso, ademais de contribuír á inserción laboral dos nosos antigos alumnos, damos a coñecer o labor de empresas da nosa provincia que son un exemplo do uso das novas tecnoloxías, unha ferramenta básica para ser competitivos no século XXI”. Neste senso, lembrou a aposta decidida do organismo provincial pola implantación das novas tecnoloxías, tanto na administración como no eido privado a través do programa Innova-TE, dotado con 9 millóns de euros e co-financiado nun 70% con fondos europeos.
No acto de sinatura, ademais do Presidente participaron os xerentes de Agrodynamics, Pablo Condo; ChampionChip Norte, José Sánchez; Porco Celta, Pablo Valledor; Asin Informática, Beatriz Varela; Academia JMRivas, José Manuel Rivas; Pleiteando.com, Rodolfo Alonso; Lugar da Veiga, Xosé Luis Lamazares; Granxa Maruxa, Marta Ávarez; e Porto Celeiro, Eduardo Míguez. Deste xeito, Gómez Besteiro cumpre o compromiso asumido con estas entidades no primeiro almorzo tecnolóxico da provincia celebrado no mes de outubro no que participaron estas empresas; unha iniciativa enmarcada dentro das actividades do Innova-TE. Os documentos audiovisuais serán realizados polos profesionais e polos alumnos do organismo dependente da Deputación.

Asociacións colaboradoras
Con estas 9 incorporacións, son un total de 38 as asociacións e empresas coas que colabora a Fundación para difundir o labor que están a desenvolver. Esta ano asináronse outros 18 convenios con organizacións sen ánimo de lucro e deportivas, que se engaden ós 11 que xa estaban en vigor en 2009. Todos os acordos inclúen a participación de bolseiros da EIS “para que complementen a súa formación e tomen contacto co mundo laboral, xa que o emprego é a nosa máxima prioridadade”, apuntou Gómez Besteiro.

Ademais das empresas que asinaron o convenio hoxe, a Fundación colabora con: A Sociedade Micolóxica Lucus; Asociación de Autonómas Empresarias e Profesionais da provincia de Lugo; Asociación A Cova da Terra; Real Aeroclube de Lugo, Asociación amigos do Jazz " Escobijazz", Asociación Coral Polifónica Francisco de Fientosa de Castro de Rei.
Asimesmo, mantén colaboracións para o fomento do deporte base na provincia coas seguintes entidades: Escudería Miño, Agrupación Deportiva A Pinguela, Agrupación Deportiva Fefeme Triatlón, Clube Cidade de Lugo Fluvial, Clube Tenis de Mesa Dez Portas, Clube Deportivo Arco Muralla, Clube Natación Portamiñá, Clube Patíns Lóstregos Lucus, Clube San Fernando Lucus Caixa Rural Galega, Clube Ciclista Cidade de Lugo, Sociedade Deportiva Cultural Polvorín e Clube Emevé.
A Fundación TIC tamén difunde o labor de varias asociacións sen ánimo de lucro: Asociación Down Lugo, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU), Asociación “Raiolas”, Fundación UNICEF, Asociación Lucense de Xordos (ALUSOR), Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais (FEAFES), Asociación San Vicente de Paul, ANADE, ASPNAIS, Preescolar na Casa e Fundación Azkar.



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet