Produtora » Novas de Lugo » 2011

09/06/2011

A Fundación TIC gravará este venres a obra de teatro “As alegres comadres” interpretada pola asociacion teatral Achádego

imaxe do cartel da mostra de teatro cidade de Lugoimaxe do cartel da mostra de teatro cidade de Lugo

A Fundación TIC continúa o seu labor de promoción colaboración e coas asociacións culturais e deportivas lucenses, este venres, 10 de xuño os técnicos e bolseiros da Fundación gravarán en directo a comedia de William Shakespeare “As Alegres Comadres” que o grupo Achádego interpretará no Auditorio Gustavo Freire as 20.30 horas, dentro da IX Mostra de Teatro Cidade de Lugo.

A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do mundo audiovisual. O obxectivo desta clase in situ é completar a súa formación práctica e favorecer a súa inserción no mercado laboral.
Ademais, con esta iniciativa, a Fundación contribúe á promoción de novos artistas da nosa provincia que dispoñen de poucos recursos para dar a coñecer os seus traballos, como este caso ou as recentes colaboracións con varios grupos musicais aos que a Fundación lles axudou a realizar o seu primeiro videoclip.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet