Produtora » Novas de Lugo » 2011

30/09/2011

A TIC e o Concello de Lugo colaboran na concentración moteira solidaria que se celebra esta fin de semana na capital

Concentración motosConcentración motos

A Asociación Riders Lugo recadará fondos para que a Fundación Soñadores sen Fronteiras constrúa un hospital en Nepal .
Os participantes, que acamparán a carón da Fundación Feiras e Congresos, aboarán unha incrición solidaria de 10 euros, o mesmo prezo da entrada ó concerto de grupos lucenses.
A TIC, dentro do convenio de colaboración con Riders, recollerá todas as actividades nun DVD que contará coa participación de bolseiros da EIS

A Fundación TIC e o Concello de Lugo colaboran na concentración moteira que organiza esta fin de semana Riders Lugo para recadar fondos destinados á construcción dun hospital materno-infantil na rexión nepalí de Solukhumbu. A asociación lucense súmase á campaña “Rodando pola solidariedade” que promove a Fundación Soñadores sen Fronteiras e na que participan motoclubes de toda España.

A concentración, que será nos exteriores da Fundación Feiras e Congresos, foi presentada este venres na casa consistorial de Lugo nun acto no que participaron o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val, o Primeiro Tenente de Alcalde de Lugo, Antón Bao e o presidente de Riders Lugo, Carlos Maciñeiras.

Hoxe haberá unha ruta a pé pola zona monumental para que os participantes que veñan de fóra coñezan a cidade. O sábado pola mañá celebrarase un roteiro en moto ata Portomarín e pola tarde organizaranse diversas atividades. Entre outras, a presentación de motos clásicas e unha homenaxe a Juan Manuel López Mella. Trala cea, os moteiros poderán seguir en directo a carreira de GP de Xapón e disfrutar das actuacións dos grupos lucenses Mithycal Fail, Ocean´s Garden, Aro e Arrhythmia; Estopacaldeiros de Rábade, e Lady Evil e La Durango Express de Ferrol.

Dez euros solidarios
Tanto o prezo da entrada para asistir ós concertos como a inscrición dos moteiros é de dez euros. A recadación total detinarase integramente a un hospital materno-infantil en Nepal, que comezará a construírse en xaneiro de 2012. Esta dotación forma parte dun proxecto integral de creación de centros sanitarios na rexión montañosa de Solukhumbu.

O distrito atópase nunha das zonas máis elevadas do planeta e cunhas condicións orográficas e climatolóxicas que dificultan ó acceso ás cidades. Neste caso, a urbe máis proxima dotada de todos os servizos é Kathmandú. A duración da viaxe é, aproximadamente, de tres días, dous deles camiñando pola montaña. Ademais a poboación carece da conciencia de limpeza e a hixeñe. Todo isto repercute no elevado número de nenos e nais que morren durante o parto.

Colaboración da TIC
A Fundación TIC elaborará un DVD no que se recollerán ás actividades do encontró e que contará coa participación de bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual. Esta iniciativa forma parte do convenio de colaboración asinado entre a TIC e Riders Lugo para difundir as actividades da asociación e facilitar prácticas ós exalumnos da EIS co obxectivo de contribuír á súa inserción laboral.

Este convenio súmase ós 49 que xa ten asinados a Fundación TIC con diversas asociacións e empresas tecnolóxicas da provincia.

Primeira actividade de Riders Lugo
A concentración moteira solidaria é a primeira actividade que organiza Riders Lugo. A asociación naceu hai tan só dous meses e conta cunha vintena de socios. Entre os seus obxectivos está o de formar parte da asociacion mundial de motoclubes que patrocina o piloto californiano Randy Mamola. Además pretende a promoción do deporte do motor a nivel infantil.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet