Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2011

26/10/2011

A empresa do deseñador Adolfo Domínguez súmase ó programa de bolsas de formación da EIS

imaxe da marca Adolfo Dominguezimaxe da marca Adolfo Dominguez

Un titulado do ciclo superior de produción completará a súa formación como bolseiro na sede central da firma en San Cibrao das Viñas a partir deste xoves

Os alumnos da Escola poden elexir entre 60 empresas nacionais do sector multimedia para realizar as súas prácticas e ter o seu primeiro contacto co mundo laboral

Un titulado do cliclo superior de produción da Escola de Imaxe e Son completará a súa formación como bolseiro na sede central da empresa do deseñador Adolfo Domínguez, situada na localidade ourensana de San Cibrao das Viñas. O exalumno da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinazas da familia audiovisual, realizará as súas prácticas no departamento de comunicación da firma de moda. A bolsa é de tres meses prorrogable ata un máximo de dous anos.

Deste xeito, Adolfo Domínguez súmase ás 60 empresas nacionais do sector multimedia nas que os titulados da Escola poden completar as súa formación a través de bolsas. Neste caso concreto, o bolseiro da TIC coñecerá de primeira man o labor de comunicación que está a desenvolver a empresa do prestixioso deseñador ourensán e terá o seu primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que contribuirá a súa futura inserción no mercado de traballo.

Ademais, desde 2009 a Fundacion incrementou nun 400% o número de convenios de colaboración con diversas entidades. Na actualidade hai 50 acordos con ONGs, asociacións culturais, entidades deportivas e empresas tecnolóxicas para a difusión do seu labor a través de produtos audiovisuais nos que participan alumnos e bolseiros da Escola.

Formar para a inserción laboral

A Fundación TIC ten entre os seus obxectivos prioritarios facilitar a inserción laboral dos alumnos da EIS, que está a ser moi alto grazas ó nivel de formación que reciben e a posibilidade de realizar prácticas reais. Para elo, prima a combinación de formación e práctica en contextos e escenarios reais, logrando que os estudantes acaden unha preparación vencellada directamente ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual.

Matrícula gratuíta

Neste curso, a EIS cubríu por terceiro ano consecutivo as 44 prazas dos ciclos superiores que imparte: produción e realización. A oferta para os dous módulos, 22 prazas cada un, cubríuse na súa totalidade na convocatoria ordinaria de xuño. O éxito da demanda de prazas repítese dende o ano 2009, logo de que a Deputación, facendo un esforzo inversor e apostando pola educación gratuíta, establecese a matrícula con custe cero para os alumnos. Desde que iniciou a súa actividade en 2003, preto de 170 alumnos cursaron os seus estudos no centro da Fundación.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet