Produtora » Novas de Lugo » 2011

12/12/2011

A Fundación TIC despregará un amplo equipo de profesionais para cubrir a 2º Noite Aberta de Lugo

imaxe da presentación da Noite Abertaimaxe da presentación da Noite Aberta

30 estudantes da Escola de Imaxe e Son participarán na gravación dentro da aposta do centro por completar a súa formación práctica e facilitar a inserción laboral
Co material obtido realizarase un DVD para difundir a iniciativa coa que a Deputación, Concello e a Asociación de Autónomas impulsan o comercio da cidade cara o Nadal
Xunto a esta, son 51 as asociacións e empresas lucenses coas que está a colaborar a TIC para impulsar o seu labor. A última incorporación foi a Sociedade Micolóxica Lucus

O Patrono da Fundación TIC e Deputado Provincial, José Ramón Val Alonso, avanzou este luns a colaboración do organismo dependente da institución provincial na celebración da segunda “Noite Aberta” que organiza a Asociación de Autónomas de Lugo en colaboración coa Deputación e o Concello lugués o vindeiro venres, 16 de decembro, na capital lucense.
Val Alonso destacou que a TIC despregará un amplo equipo de medios e persoal para gravar as múltiples actividades que se desenvolvan. Entres os profesionais participantes atópanse unha nutrida representación de alumnos da Escola de Imaxe e Son do segundo curso dos ciclos superiores en Realización e Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. Deste xeito, os estudantes poderán por en práctica os coñecementos adquiridos nestes dous anos e planificar un evento fóra das aulas que require de certa complexidade ó desenvolverse en varias localizacións simultaneamente. Ademais, os alumnos terán a oportunidade de involucrarse no mundo periodístico a través da realización de entrevistas nos comercios; a dependentes, clientes e persoas que pasen polo photocall que se instalará na Praza Maior.
Con este material elaborarase un vídeo promocional para a Asociación de Autónomas de Lugo co que a TIC mantén un convenio de colaboración dende o pasado ano e que cumpre cunha dobre finalidade: difundir a actividade do colectivo lucense e ampliar a formación práctica dos seus estudantes en Imaxe e Son para facilitarlles a súa futura inserción laboral.

Noite blanca con glamour e sorpresas
A iniciativa, que o ano pasado tivo unha gran acollida, terá lugar o vindeiro 16 de decembro, data na que os comerciantes participantes abrirán as portas dos seus establecementos ata a medianoite, ofrecendo descontos, cátering, música e actuacións en directo para atraer a clientela. A Presidenta da Asociación de Autónomas e promotora da idea, Nora Real, confirmou que a noite estará chea de sorpresas tanto nas rúas como nos comercios que se sumen á iniciativa, e que, ó igual que o anterior ano, se identificarán cunha alfombra branca situada diante dos seus locais. O obxetivo é incentivar ás vendas do pequeno negocio lucense ante a chegada da campaña Navideña.

Xa son 51 colaboracións
Na actualidade, a Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, está a colaborar cun total de 51 asociacións e empresas sen ánimo de lucro da provincia. A última incorporación foi a da Asociación Micolóxica Lucus. Estes acordos teñen como principal obxetivo proporcionar experiencia laboral ó alumnado e bolseiros da EIS mediante prácticas e a súa participación en eventos como a “Noite Aberta”. Dentro destas entidades atópanse ONG´s e asociacións culturais e deportivas, así como empresas que fomentan o emprego das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet