Produtora » Novas de Lugo » 2012

05/07/2012

PROXECTO TICLUGO PROGRAMA DE APRENDIZAXE PERMANENTE - PROXECTO DE MOVILIDADE LEONARDO DA VINCI

becas leonardobecas leonardo

A Fundación TIC, na súa aposta polas políticas de formación e creación de emprego decidiu participar na convocatoria para o ano 2011 de propostas de mobilidade Leonardo da Vinci do Organismo Autónono Programas Educativos Europeos (OAPEE) adscrito ó Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, publicada o día 27 de outubro de 2010 no Diario Oficial da Unión Europea. A referida convocatoria de propostas basease na Decisión nº 1720/2006/CE na que se establece un programa de acción no ámbito do aprendizaxe permanente, adoptada polo Parlamento Europeo e o Consello o 15 de novembro de 2006.

O Organismo Autónono Programas Educativos Europeos, previo acordo coas administracións educativas autonómicas e coa aprobación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte como autoridade nacional, publica esta convocatoria nacional das accións descentralizadas do Programa de aprendizaxe permanente da Unión Europea, establecendo para o Programa Leonardo da Vinci como data límite para a presentación de solicitudes o día 4 de febreiro de 2011.

En base a todo o anterior, a Fundación TIC presenta o día 27 de xaneiro de 2011 o proxecto denominado TIC LUGO co fin de ofrecer estancias formativas a 20 mozos de entre 18 e 30 anos, que remataran os seus estudios no Ciclo Superior de Realización de Audiovisuais e Espectáculos e/ou Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos nos últimos 3 anos e que se atopen en situación de desemprego, dando prioridade a aqueles que non tiveran experiencias laborais anteriores, favorecendo deste xeito a súa inserción laboral.

O número total de participantes estará distribuído do seguinte xeito:
NÚMERO DE PARTICIPANTES DESTINO
10 Belfast, Irlanda do Norte (Reino Unido)
5 Módena (Italia)
5 Lisboa (Portugal)
20 Número total de participantes


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet