Produtora » Novas de Lugo » 2012

15/10/2012

Os alumnos da TIC realizaron 350 vídeos de animación que os participantes descargaron a través dun cógido QR

imaxe dun dos videos de incursion san froilanimaxe dun dos videos de incursion san froilan

Centos de persoas disfrutaron das actividades lúdicas do proxecto “Incursión San Froilán” , que permitiu ós estudantes da EIS realizar prácticas na rúa ó tempo que daban a coñecer ós cidadáns as vantaxes do uso das novas tecnoloxías.

Os estudantes da Escola de Imaxe e Son realizaron 350 vídeos de animación que os participantes puideron descargar ó momento no seu teléfono móbil, a través dun código QR. Os traballos audiovisuais, elaborados mediante un chroma no que se proxectaron imaxes da provincia, pódense ver na páxina web da Fundación TIC.

A iniciativa forma parte do proxecto formativo “ISF 12 Incursión San Froilán” que a Fundación TIC desenvolveu durante as festas patronais de Lugo co fin de achegar as novas tecnoloxías ós cidadáns con actividades lúdicas, que serviron de prácticas reais ós estudantes da EIS.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet