Produtora » Novas de Lugo » 2012

21/01/2012

A curtametraxe 'Back to the TIC' dos alumnos da Fundación TIC, candidata aos premios Mestre Mateo 2011

anuncio candidatura BACK TO THE TICanuncio candidatura BACK TO THE TIC

A curtametraxe BACK TO THE TIC, producida e realizada polos alumnos de Realización Audiovisual da Escola de Imaxe e Son de Lugo, é candidata aos Premios Mestre Mateo 2011 organizados pola Academia Galega do Audiovisual na categoría de mellor curtametraxe de ficción.

BACK TO THE TIC conta as aventuras de Martiño McFly na Escola de Imaxe e Son de Lugo da Fundación TIC. Unha parodia delirante que arricará os sorrisos de todos aqueles que amen o cine e a televisión.

Con esta curtametraxe a Escola de Imaxe e Son de Lugo consigue a primeira candidatura aos Premios Mestre Mateo da súa historia.

O noso agradecemento a todos os alumnos que tanto esforzo e tanto talento puxeron para facer de BACK TO THE TIC unha curtametraxe que contén grandes doses de humor, ironía, intelixencia e amor polo audivisual, que son os mellores valores da Fundación TIC.

Listado completo de candidatos aos Mestre Mateo 2011

Vera a curta BACK TO THE TIC


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet