Produtora » Novas de Lugo » 2012

28/02/2012

Estudantes da escola de Imaxe e Son de Lugo visitan a exposición do 75 aniversario de RNE que está hoxe en Lugo

logotipo de rnelogotipo de rne

Os alumnos de primeiro curso do ciclo superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos visitarán a exposición itinerante coa que Radio Nacional de España está a celebrar os seus 75 anos de historia.

Lugo é una das 50 cidades de España nas que se pode disfrutar da exposición "RNE, contigo". A plataforma de 140 metros cadrados se instalará na Praza Maior e recibirá a visita dunha vintena de alumnos da Fundación TIC, que poderán poñer en práctica os seus coñecementos no taller de radio que Radio Nacional pon a disposición dos visitantes.

Ademáis, os estudantes da EIS de Lugo poderán ver en directo como traballan a diario os profesionais da radio pública.
A visita, que forma parte das actividades do módulo de Produción de Radio, comezará ás 11 da mañá.




< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet