Produtora » Novas de Lugo » 2013

05/01/2013

Gran acollida na rede do vídeo do flashmob para promocionar Lugo que gravou a Fundación TIC

  • archivos/fotos/grandes/Imagen1.jpg

    1

    1
  • archivos/fotos/grandes/Imagen2.jpg

    2

    2
  • archivos/fotos/grandes/Imagen3.jpg

    3

    3







Miles de persoas bailaron a través da rede o tema “I’m from Lugo and don’t deny” composto polo grupo Batital.




O vídeo que recolle o Flashmob celebrado o pasado xoves 28 de decembro nas Termas para promocionar Lugo e que foi gravado por Bolseiros e Técnicos da Fundación TIC está a ter unha gran acollida na Internet. Miles de persoas bailaron a través da rede o tema “I’m from Lugo and don’t deny”, ou o que é o mesmo “Soy de Lugo y no lo niego”, composto polo grupo lucense Batital. Nunha semana, o audiovisual foi visto por máis de 1000 internautas no Youtube e está a rexistrar éxito de visitas noutras plataformas dixitais como a web do Progreso.

O Centro comercial das Termas foi o escenario da coreografía posta en escena por un cento de lucenses, entre os que participaron coñecidos actores, cantantes e escritores, así como asociacións e clubes deportivos, calou tan fondo que este flashmob acadou con creces o seu obxectivo: promocionar Lugo. As imaxes captadas polas cámaras da TIC serán empregadas para completar o vídeo promocional que se está a realizar e que levará por nome o lema “I’m from Lugo”.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet