Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

07/02/2013

Máis de 2.000 persoas seguiron en directo a través da web da TIC os campionatos de baristas celebrados en Foz

Imaxe dos alumnos no campeonato  de baristasImaxe dos alumnos no campeonato de baristas

A transmisión en tempo real con streaming foi posible grazas ó traballo dos alumnos de 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son que empregaron unha unidade móbil con 5 cámaras

Máis de 2.000 persoas seguiron en directo, a través da web da Fundación TIC, www.fundaciontic.org, os campionatos de baristas celebrados nos dous últimos días no IES de Foz. Isto foi posible grazas ó traballo dos 22 alumnos de segundo do Ciclo Superior de Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) que, baixo a supervisión dos seus docentes, empregaron unha unidade móbil con cinco cámaras e todo o material necesario para a transmisión en tempo real co sistema streaming.

Deste xeito, todos os interesados na competición que non puideron asistir en persoa ó evento, tiveron a oportunidade de seguir, por primeira vez en directo e a través de todo tipo de dispositivos móbiles, as probas dos alumnos das 15 Escolas de Hostalería de España e Portugal que participaron este martes no VI Campionato Internacional de Barista Profresionais. Tamén tivo un importante seguimento o I Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que se celebrou este mécores.

Convenio de colaboración

O Instituto de Educación Secundaria de Foz é unha das 109 entidades coas que colabora a Fundación TIC. O obxectivo é promover as ensinanzas de hostalería que se imparten no EIS mariñán, ó tempo que os estudantes do único centro da provincia que imparte ensinanzas superior da familia do audiovisual completan a súa formación. A gravación forma parte da programación de prácticas reais da Escola de Imaxe e Son de Lugo, nas que os alumnos empregan todos os medios técnicos necesarios para desenvolver un traballo profesional que contribúa á súa futura inserción laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet