Produtora » Novas de Lugo » 2013

08/05/2013

Este venres o I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros encherá de música e danza balcóns e rúas do casco histórico de Lugo

imaxe do cartelimaxe do cartel

Estudantes de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son organizan o I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros (FIBES), unha sorprendente iniciativa pioneira en Galicia de promoción cultural que busca a implicación do público
-A idea é dos alumnos da EIS do módulo Planificación, Espectáculos e Eventos de 1º de Produción, que contan coa colaboración de compañeiros de Realización e de alumnos do Conservatorio de Música lucense e da Escola de Arte Ramón Falcón
-O día 10 de maio, entre as 11:00 e as 00:00 horas, haberá actuacións de música clásica, jazz, rock e mesmo dun Dj nos balcóns de Concello, Pazo de San Marcos, Casa das Pombas, Praza de Abastos e Hotel Méndez Núñez

Horarios e localizacións
O Fibes celebrarase o vindeiro 10 de maio, a partires das 11:00 horas. Dende esa hora e ata a medioanoite, desenvolverase un variado programa. As actuacións e localizacións son as seguintes:
- ás 11:00 horas, na Praza de Abastos actuará o grupo Combo Jazz, do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.
- ás 12:30 horas, no balcón do Hotel Méndez Núñez, terá lugar a actuación de David Taboada e Asociados.
- ás 17:00 horas no balcón da Casa Consistorial actuarán diferentes agrupacións do Conservatorio.
- ás 17.30 horas diante do concello a Banda do Conservatorio.
- ás 18:30 horas no balcón do Pazo de San Marcos, será a quenda de David Prado coa colaboración de Javier González
- ás 21:00 horas nos balcóns da Casa das Pombas da Prazo do Campo, tocará o grupo de rock monfortino The Miñocas
- finalmente ás 22:00 horas, e tamén nos balcóns da Casa das Pombas, o DJ KOO será o encargado de pechar a I edición do Fibes.

ENLACE Ó BLOG DE FIBES


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet