Produtora » Novas de Lugo » 2013

27/05/2013

Audiovisuais realizados pola TIC enxalzarán a obra de teatro “O Barco Sen Mariñeiro” que estrea Achádego este domingo

  • archivos/fotos/grandes/Imagen1.jpg

    imaxes da obra

    imaxes da obra
  • archivos/fotos/grandes/Imagen2.jpg

  • archivos/fotos/grandes/Imagen4.jpg

  • archivos/fotos/grandes/Imagen3.jpg







-A Fundación TIC colabora ca compañía teatral integrando recursos visuais na posta en escena da adaptación da obra do poeta e dramaturgo Alejandro Casona
-Bolseiros e Alumnos da EIS gravarán a performance íntegra para realizar un DVD promocional e mellorar a formación práctica cara a súa inserción laboral
-A representación, aberta a todos ós públicos e de balde, arrincará ás 20:00 horas no Auditorio Gustavo Freire

A Fundación TIC edita varios audiovisuais que se integrarán na obra de teatro “O Barco sen mariñeiro”, que a compañía lucense Achádego Teatro estreará este domingo 26 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Gustavo Freire. Os vídeos realizados por profesionais da TIC proxectarán imaxes a través dunha pantalla ó fondo do escenario durante o transcurso da trama. O obxectivo é crear mediante recursos visuais unha atmosfera envolvente no espazo escénico co que ofrecer ó espectador unha visión máis rica da adaptación da obra do poeta e dramaturgo español, Alejandro Casona, persoeiro da xeración do 27.

Ademais, un equipo de bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS) gravarán integramente a representación. Co material obtido elaborarse un DVD que servirá o grupo de teatro afeccionado de promoción do espectáculo para a súa xira por toda a provincia. Con esta actividade os estudantes levan á práctica os coñecementos adquiridos na súa etapa formativa e aprenden da profesión en escenarios reais, o que favorecerá nun futuro a súa inserción no mercado laboral, principal prioridade da Fundación TIC.

A TIC coa cultura e ós novos artistas
A colaboración con Achádego Teatro dá resposta ó convenio que a Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, mantén co grupo lucense de teatro afeccionado para difundir e impulsar a súa actividade a través da realización de produtos audiovisuais así como da prestación de material técnico. Con esta iniciativa, contribúese ademais ó impulso de novos artistas da nosa provincia que dispoñen de poucos recursos para darse a coñecer. De feito, a día de hoxe, a TIC ten subscritos mais de 100 convenios de colaboración con empresas e asociacións sociais e culturais da provincia sen ánimo de lucro para difundir o seu labor.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet