Produtora » Novas de Lugo » 2013

04/07/2013

A Deputación potencia a actividade do comercio lucense cun traballo audiovisual sobre a III Noite Aberta

  • archivos/fotos/grandes/_77K6891.JPG

    entrega dvds noite aberta

    entrega dvds noite aberta
  • archivos/fotos/grandes/_77K6902.JPG

    participantes noite aberta

    participantes noite aberta
  • archivos/fotos/grandes/_77K6822.JPG

    noite aberta

    noite aberta







Regina Polín, entregou ós 68 establecementos participantes un DVD elaborado por alumnos, profesionais e bolseiros da Fundación TIC coas mellores imaxes do certame, organizado pola Asociación de Autónomas de Lugo

A patroa da Fundación TIC Regina Polín fixo entrega este mércores no Salón de Actos da Deputación ós 68 comercios participantes na III Noite Aberta da capital lucense dun traballo audiovisual sobre o certame, elaborado por alumnos, profesionais e bolseiros da TIC, dependente do organismo provincial. Con esta colaboración, a institución luguesa contribúe a potenciar a actividade do comercio lucense, pois o DVD recolle as imaxes dos mellores momentos do exitoso evento, organizado pola Asociación de Autónomas de Lugo.

Os profesionais desprazados para elaborar este material promocional e carta de presentación da Noite Aberta distribuíronse en sete equipos compostos por produtor, realizador, reporteiro, técnico de son e tres operadores de cámara, que foron testemuñas coas súas cámaras da intensa actividade que se viviu durante a última edición desta iniciativa, impulsada por Deputación, Concello e Asociación de Autónomas, para revitalizar a actividade comercial na cidade de Lugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet