Produtora » Novas de Lugo » 2013

07/10/2013

A TIC realizará un vídeo da obra De Froilán a San Froilán da Asociación Antigos alumnos da Escola Ramón Falcón

- Un equipo de bolseiros e técnicos da TIC realizaron a gravación íntegra da posta en escena da peza que narra a vida do patrón de Lugo
-A representación tivo lugar na praza de Santa María dentro do programa das festas patronais

Bolseiros e técnicos da Fundación TIC, entidade que depende da Deputación, editarán un vídeo coa obra de teatro De Froilán a San Froilán, posta en escena polo grupo de teatro da Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Arte Ramón Falcón, o venres día 4 ás 21:15 horas na praza de Santa María.
A peza narra a vida do patrón de Lugo a través dos datos bibliográficos recompilados por Ignacio Rodríguez Egibar, membro da devandita asociación, coa que a TIC asinou hai un ano un convenio de colaboración.
Na actualidade, a Fundación TIC ten asinados máis dun cento de convenios de colaboración con entidades sen ánimo de lucro para difundir o seu labor social na provincia, e con empresas do sector audiovisual para facilitar a inserción laboral dos estudantes da EIS.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet