Produtora » Novas de Lugo » 2013

19/11/2013

A Fundación TIC comeza o curso de formación ‘Guión de Ficción’ en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas

  • archivos/fotos/grandes/securedownload.jpg

  • archivos/fotos/grandes/IMG-20131120-WA0003.jpg







- O seminario é de carácter gratuíto para os alumnos e persoal da TIC así coma para os colexiados
-O curso está impartido por Carlos Ares, socio fundador de ZOPILOTE S.L., produtora dedicada principalmente á elaboración de formatos televisivos.

A Fundación TIC, acolle nas súas instalacións desde este mércores e ata mañá día 21 en horario de 16:30 a 20:00 o curso de formación ‘Guión de Ficción’. Alumnos, persoal da TIC e colexiados e colexiadas do CPXG favorécense da inscrición gratuíta.


No curso, o produtor coruñés Carlos Ares aborda, entre outros aspectos os diferentes xéneros e formatos nas series de TV e a súa evolución; a elaboración da “Biblia”, o documento no que se explica todo o contido; as personaxes e tramas; o xeito de dotar ós diálogos de interese e os seus puntos de xiro no guión e tamén a súa aplicación nos diferentes formatos con exemplos prácticos na clase.


O poñente, o coruñés Carlos Ares dedicou toda a súa vida á produción de publicidade, curtametraxes, programas de televisión e documentais. Tamén é socio fundador, xunto a Andrés Mahía e Xosé Castro, de ZOPILOTE S.L., produtora dedicada principalmente á elaboración de formatos televisivos.


Formación complementaria

A actividade enmárcase dentro do plan de formación complementaria que a EIS oferta ó alumnado e persoal da TIC. Durante todo o curso, organiza obradoiros de formación para o seu alumnado e para aqueles que queiran aumentar o seu coñecemento no eido audiovisual. Deste xeito, os últimos cursos realizados foron de After Effects, Final Cut e Vídeo Profesional HD-DSLR


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet