Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

26/11/2013

O director de curtas Xacio Baño inaugurou este luns o programa de actividades que inclúe masterclasses, obradoiros e titorías dos proxectos de fin de ciclo

  • archivos/fotos/grandes/_77K2857.JPG

    Xacio Baño

    Xacio Baño
  • archivos/fotos/grandes/_77K2852.JPG

    masterclass 1

    masterclass 1
  • archivos/fotos/grandes/_77K2853.jpg

    masterclass 2

    masterclass 2
  • archivos/fotos/grandes/_77K2854.jpg

    masterclass 3

    masterclass 3
  • archivos/fotos/grandes/_77K2855.JPG

    masterclass 4

    masterclass 4







O director de curtas Xacio Baño, natural de Xove, foi o encargado de inaugurar o convenio este luns, 25 de novembro, cunha mastreclass que se celebrou no Salón de Actos da Escola. Baño debutou no cine en 2009 coa curta Quentefrío e deixou pegada no audiovisual galego con tres proxectos máis: Relación de acordes (2009), Estereoscopía (2011) e, sobre todo, Anacos (2012), exhibido en máis de trinta festivais.
Os seguintes en impartir clases maxistrais serán Juan Galiñanes (storyboard o 10 de decembro); Miguel Conde (series de televisón o 13 de xaneiro); Pela del Álamo (documentais o 3 de febreiro); Jorge Algora (longametraxes o 24 de febreiro); Manel Iglesias (televisión o 13 de marzo); Marcos Nine (documental o 7 de abril); Dani de la Torre (TV movie o 28 de abril); Fernando Cortizo (animación o 5 de maio); e Giselle Llanio (dirección de actores o 12 de maio). En canto ós obradoiros: Ángel de la Cruz (guión e dirección o 3 de decembro); Juan Lesta (videoclip o 4 de febreiro); Sonia Méndez (webserie o 4 de marzo); e Marta Piñeiro (serie TV o 1 de abril).



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet