Produtora » Novas de Lugo » 2013

03/12/2013

Manterse ocupado, evitar o sendentarismo e alimentarse ben, consellos do In Lugo para os maiores no día Internacional das Persoas con Discapacidade

inlugoinlugo

O centro de Innovación Social, o In Lugo, elaborou un decálogo de consellos para envellecer da mellor maneira posible coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra cada 3 de decembro. Está dividido en dúas partes: saúde mental e saúde física. Na primeira recoméndase que as persoas da terceira idade se manteñan ocupadas e exerciten a mente, a memoria e a atención; na segunda, destácase a importancia de alimentarse ben, realizar exercicio físico e previr accidentes.

Este decálogo forma parte do Plan de Promoción de Autonomía dos Maiores da Provincia, financiado con fondos europeos do programa Innova-TE. O obxectivo das actividades do Plan é promover actividades destinadas a mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas da terceira idade a través das novas tecnoloxías.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet