Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Produción de cine do curso 2010-2011.
Él, un home traballador e aparentemente normal. Ela…, ninguén o sabe. Incomunicada e atrapada entre catro paredes. A moza atópase sometida a unha realidade imposta .
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Produción de cine do curso 2010-2011.
Soa o timbre, unha alumna vai o baño. Cando se dirixe á porta, ésta está pechada. Buscando unha saida alternativa escoita certos ruidos que lle fan pensar que non está soa.
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine y Video do curso 2010-2011.
A Pantalla dividida en dúas partes amosa dúas habitacións onde se desenvolve a vida cotiá dunha parella a distancia mentres os escoitamos nunha conversa telefónica
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine y Video do curso 2010-2011.
Fredo e Bobo teñen no seu poder un maletín cun valioso contido que les leva a ter que tratar con gángsters e temer pola súa vida para desfacerse de el.
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine y Video do curso 2010-2011
Uns pais inscriben ó seu fillo nun colexio a metade de curso. O profesor fala ós seus alumnos do novo compañeiro que van ter. Ábrese a porta da clase e aparece un neno diferente ¡¡¡UN NENO ZOMBIE!!!
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Producción de Cine do curso 2010-2011. Un vixilante nocturno tras expulsar a un grupo de alumnos esperta sobresaltado e é perseguido por uns encapuchados mentres intenta salir da escola
Proyecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine e video do curso 2010-2011. Jota está atascado no seu traballo como director de películas porno e decide deixalo e cos seus inseparables amigos planean unha gran estafa nunha sucursal bancaria.
Traballo dos alumnos de Realización de Televisión. Inicialmente pensado coma un programa de sketchs que foi evolucionando ata converterse nunha curtametraxe cómica onde os alumnos parodian a escola de Imaxe e Son mediante un fío conductor rememorando coñecidas escenas de filmes.
É unha sorprendente e truculenta historia, inspirada no estilo das “snuff movies” americanas, trasladado ó rural galego. A cinta conta a historia de 2 rapaces que fuxen en coche dunha ameaza que lles pode custar a vida. Os protagonistas atópanse nunha situación límite ata que chegan a Vilacazáns, un pobo no medio da nada que, malia que parece a súa salvación, axiña se percatan de que os habitantes deste lugar son un tanto singulares, e de que lles espera un inquedante destino.
Basada en feitos reais, conta a historia de dous mozos, Manuel e Josefa, -el da Fonsagrada e ela de Asturias-, que se coñeceron na feira da poboación asturiana de Valdebois e se namoraron. Ante a oposición do pai dela á súa relación, decidiron fuxir á Fonsagrada. O título do traballo, “Aliendu”, é un guiño á parte asturiana desta historia. Significa alento ou respiración forte, e fai referencia ós esforzo da parella protagonista durante a súa fuxida.