Escola de imaxen e son » Concurso Lugo 10

11/01/2010

Rolda de prensa da programación de 'Lugo 10' na que colabora a Fundación TIC

O Alcalde de Lugo e o Presidente do organismo provincial presentaron a programación coa que se conmemora o 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Baixo a marca Lugo10 englobarase todo un programa de actos e actividades que se desenvolverán ao longo de todo o ano dirixidos á cidadanía en xeral e a potenciar a autoestima da cidade e a promocionala entre os visitantes.

Así, expuxo que a Deputación inviste –porque non é un gasto, é un investimento- máis de 150.000 euros en Lugo 10, completando a programación deseñada polo Concello de Lugo.

Antes do verán un stand turístico-medioambiental móbil e pioneiro en España, en forma de barco pesqueiro, homenaxeará á Muralla, levando o seu nome por toda a xeografía española. O Barco Muralla de Lugo non só funcionará como aula medioambiental, promocionando a nosa provincia, senón que “surcará” as estradas para estar presente en feiras e festas contribuíndo á comercialización dos produtos autóctonos lucenses.

Neste momento estamos ultimando a construcción do barco, no seu interior ten ordenadores, todo tipo de información medioambiental da nosa provincia e mobiliario náutico. Presentaremos o Muralla de Lugo nunha “botadura” oficial, como se fai con todas as embarcacións.

Este ano celebramos o decimo quinto aniversario do Centro de Artesanía e Deseño. Reorientamos esta celebración ó décimo aniversario da Muralla, polo que un dos actos principais será a “Pasarela Muralla Moda 2010”, en colaboración coa tenda “Dulce Locura” de Lugo. Presentaremos as últimas tendencias do mundo da moda xunto ás creacións dos nosos artesáns, deseñadores e xoieiros, e todo cun fin solidario, xa que os beneficios da gala serán destinados a organizacións sen ánimo de lucro.

Igual que esta provincia medrou de costas á Mariña lucense, a cidade de Lugo ten que seguir abríndose ó río. A Deputación inicia este ano a campaña “Lugoteando”, dedicada a Lugo e a auga. Dentro do aniversario da Muralla, organizaremos actividades acuáticas que poñan en valor o segundo patrimonio lucense ademais do histórico: o medioambiental.

Para conseguir a máxima difusión fóra de Galicia, desde a Fundación TIC -dependente da Deputación de Lugo- celebraremos este ano o I Concurso Nacional de Curtas e Maquetas Lugo 10. Aínda que imos presentar publicamente as bases, as curtametraxes e un mínimo de cancións das maquetas de música terán que versar en torno á Muralla.

“É dicir, Deputación e Concello de Lugo pasan páxina, deixando atrás a “E” de enfrontamento histórico que os dividiu durante décadas para entrar de cheo na U de unión, organizando toda unha campaña económica baixo a marca Lugo 10. A mesma “U” de unión que nos fixo camiñar xuntos na posta en marcha da UNED e do Urban”, remarcou Besteiro.

Ambos os mandatarios destacaron que Lugo10 supón unha gran oportunidade para o turismo e a reactivación económica, para o cal será precisa a implicación social de toda a cidadanía e o apoio dos patrocinadores.

O Alcalde de Lugo agradeceu de xeito especial a colaboración no proxecto da Deputación e de todos os patrocinadores, “sen os cales non tería sido posible Lugo10”.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet