Produtora » Novas de Lugo » 2010

20/10/2010

Comeza o curso de curtametraxes sobre a Muralla da Fundación TIC

Imaxe do curso de curtametraxesImaxe do curso de curtametraxes

A Concelleira de Xuventude do municipio lucense inaugura a xornada este mércores ás 16:00 horas no Centro de Produción e Programas da Deputación.

15 alumnos recibirán 50 horas de formación práctica e teórica que complementarán coa gravación dunha curtametraxe.

Esta iniciativa, que se inclúe dentro do programa municipal Lugo10, engádese ó Primeiro Concurso Nacional de Curtas e Maquetas cuxo prazo de presentación de traballos remata o 30 de outubro.

A Fundación TIC, dependente da Deputación, e o Concello de Lugo, poñen en marcha este mércores o curso de curtametraxes sobre a Muralla, unha iniciativa que se inclúe dentro de Lugo10, o programa municipal co que ambas as dúas administracións están a promocionar ó exterior o Monumento Bimilenario con motivo do seu décimo aniversario como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO.

A Concelleira de Xuventude, Rosala Rielo, inaugurou a xornada esta tarde, ás 16:00 horas, no Centro de Produción e Programas do organismo audiovisual da Deputación.

15 rapaces de entre 14 e 30 anos, todos eles da provincia ou ben estudantes ou traballadores en Lugo, participan nesta xornada formativa que consta de 50 horas de formación, - 20 teóricas e 30 prácticas-, que se complementan coa gravación dunha curtametraxe sobre a Muralla.

Esta iniciativa, que se impartirá dende hoxe e ata o 3 de decembro, súmase ó Primeiro Concurso Nacional de Curtas e Maquetas que impulsan Deputación e Concello de Lugo co obxectivos de potenciar a imaxe da Muralla e da provincia polo país, así como para fomentar a creatividade audiovisual entre a mocidade e a súa inserción laboral.

24 de novembro
Todos os interesados en participar nesta iniciativa poderán presentar os seus traballos ata o 24 de novembro a través da Internet, mediante a aplicación destinada ó efecto no microsite www.fundaciontic.org/maquetas; ou á dirección da Fundación TIC (rúa do Arco, s/n 2004 Lugo) no caso das curtas. Ademais, para participar no concurso é necesario achegar o boletín de inscrición que se pode descargar na web da Fundación (www.fundaciontic.org).

Bases e premios
As bases establecen que a creación debe ser inédita, e tan só poderá presentarse un traballo por participante ou grupo. As curtas poden ser mudas ou con son incorporado, en castelán ou galego; de non ser así, deberán ter subtítulos nun destes idiomas. Teñen que presentarse en formato DVD cunha duración máxima de 10 minutos. Polo que se refire ás maquetas, admitiranse cancións de calquera estilo.
En cada unha das modalidades –curtas e maquetas- haberá tres premios: un dotado con 2.000 euros para o traballo que mellor ensalce a Muralla; outro de 1.500 para o que potencie máis a provincia, e un terceiro de 1.000 euros destinado a autores de menos de 30 anos. Tanto as maquetas musicais como as curtas formarán parte dos arquivos da Fundación TIC e do Concello de Lugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet