Produtora » Novas de Lugo » 2011

11/04/2011

A historia da emigración vilalbesa, protagonista dun documental gravado por bolseiros da Fundación TIC

O Presidente da Deputación participou na presentación da mediametraxe “O Legado Migratorio Santaballés”, gravada pola produtora Imaxina en colaboración con 6 bolseiros da Escola de Imaxe e Son da institución provincial
75 veciños da parroquia vilalbesa son os protagonistas da rodaxe que recrea a traxectoria da escola habaneira creada polos antepasados desta localidade que estiveron en Cuba

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, participou o sábado 9 de Abril na presentación da mediametraxe “O Legado Migratorio Santaballés”, gravada pola produtora Imaxina en colaboración cos bolseiros da Escola de Imaxe e Son da TIC, dependente da institución provincial. O documental amosa a historia da emigración na zona e recrea a traxectoria da escola habaneira desta localidade vilalbesa, inaugurada en 1916 e que, durante medio século, facilitou a escolarización de centos de nenos desta parroquia.

Gómez Besteiro e o Presidente da Asociación de Amigos da Liga Santaballesa, Isidro Cillero, explicaron que 6 rapaces da Escola participaron na gravación, combinando educación e recuperación das tradicións. A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC é a única da provincia na que estudan preto de 90 alumnos cada ano. Con esta colaboración, o Presidente destacou que “tamén contribuímos a que os estudantes adquiran experiencia para acceder ó mercado laboral, unha condición importante para que atopen traballo canto antes”.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet