Produtora » Novas de Lugo » 2011

29/04/2011

A Fundación TIC elaborará un vídeo sobre o cásting do que sairán os participantes no XX Festival do Landro

A colaboración inclúe a participación de alumnos da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral. A iniciativa tamén contribúe á promoción deste festival e dos seus participantes

Un equipo de alumnos e profesionais da Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, elaborará un vídeo sobre o cásting do que sairán os participantes do Festival da Canción do Landro de Viveiro, que neste 2011 cumpre o seu vixésimo aniversario. O traballo audiovisual que edite a Fundación TIC será entregado á organización do certame, que corre a cargo da Concellaría de Turismo de Viveiro, ós propios intérpretes e ós medios de comunicación.

A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audivisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo e os seus artistas, entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela” da eurovisiva Lucía Pérez.

Ademais participou nas rodaxes do documental Hitler, Garbo... e Araceli, do director Xosé de Cora, na curta Triste soledad de un violinista do sarriano Roberto Lolo e da longametraxe Os mortos van á presa, de Ángel de la Cruz.

Tamén se estimula a relación da Escola de Imaxe e Son da Fundación co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e asinou preto de 40 convenios de colaboración con entidades de Lugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet