Produtora » Novas de Lugo » 2011

19/05/2011

A Fundación TIC presenta en Ribadeo os vídeos musicais de dous grupos da localide mariñá

  • archivos/fotos/grandes/videoclips_1.jpg

    imaxe da presentación dos videoclips

    imaxe da presentación dos videoclips
  • archivos/fotos/grandes/videoclip_2.jpg

    outra imaxe da presentacións dos videoclips en Ribadeo

    outra imaxe da presentacións dos videoclips en Ribadeo







Numerosos ribadenses asistiron á proxección de “La búsqueda” de Escala Drinker e “News conclusions” de Sun Face, que foron elaborados coa participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son.

A TIC está a realizar outros dous clips e continuará a colaboración cos grupos musicais da provincia dos que xa recibíu numerosas peticións.

A Fundación TIC presentou este mércores en Ribadeo os vídeos musicais “La búsqueda” de Escala Drinker e “New Conclusions” de Sun Face, dous grupos de rock desta localidade mariñá. Os traballos foron elaborados coa participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual. Á proxección, que tivo lugar no cine teatro, asisitiron numerosos ribadenses que quixeron arroupar ós xóvenes artistas e coñecer os vídeos que axudarán a promocionar as súas carreiras musicais.

A directora da Fundación, Margarita Soilán, destacou que “desde a TIC poñemos as novas tecnoloxías ó servizo dos xóvenes talentos da nosa provincia que, na maioría dos casos, non dispoñen dos recursos necesarios para acceder a este tipo de produtos audiovisuais, que son demasiado costosos”. Apuntou que, “estamos a recibir a petición de colaboración de moitas outras agrupacións de toda provincia que iremos materializando no futuro”. Coa elaboración de vídeos musicais tamén se completa a formación dos alumnos e bolseiros da EIS co obxectivo de favorecer a súa inserción laboral. Neste caso, “fórmanse na realización dun produto que non se fai habitualmente na nosa provincia, como é o videoclip, e pode abrirlles portas de cara ó seu futuro profesional”.

A TIC con músicos de Lugo
Escala Drinker está formado por tres mozos ribadenses que compoñen música punk-rock. O vídeo da canción “La búsqueda” foi gravado en tres escenarios: o edificio do antigo hospital psiquiátrico San Rafael, o parque Rosalía de Castro en Lugo e as instalacións da Escola de Imaxe e Son. Polo que se refiere ós catro compoñentes de Sun Face, de estilo indie-rock, elexiron as rúas do casco histórico de Lugo e o paseo do río Rato para “News Conclusions”.

A TIC está a elaborar neste momento outros dous vídeos musicais. Un deles é doutro grupo de Ribadeo, Voodoo Crow, que se gravou nas instalacións do Centro de Produción de Programas da Fundación, e o segundo corresponde ó quinteto de música tradicional Arandela, do Incio, que ten como escenarios a casa do Cabazo e o contorno deste Concello do sur da provincia.

Ademais, estanse a gravar as maquetas dos grupos de Lugo dentro do programa “Xoves con Arte” que promoven a Fundación TIC e o Concello de Lugo, e que ten por obxectivo a promoción de agrupacións musicais da cidade a través de maquetas e a edición de dous CDs. A gravación realízase nos estudos “Abrigueiro” que o produtor e compositor Arturo Vaquero ten en Friol, e tamén conta coa participación de bolseiros da Fundación.

Ver video 'La Busqueda' de Escala Drinker

Ver video 'New Conclusions' de Sun Face


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet