Produtora » Novas de Lugo » 2012

14/02/2012

Alumnos da EIS gravaron en Foz o V Campionato de Baristas de Escolas de Hostelería

imaxe do concurso de baristasimaxe do concurso de baristas

Tamén realizarán a gravación do IV Campionato de Barista da Rexión Noroeste SCAE España que poderá ser seguido en directo mediante internet.

No V Campionato Internacional de Baristas participan 15 Escolas de Hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal. As demostracións comezan as 9.00 horas no IES de Foz e prolongaranse o longo de toda a mañá, para rematar as 15.00 horas coa entrega de premios. O instituto mariñano é un referente en España nesta especialidade profesional, o que prestixia a imaxe da Mariña e do resto da provincia, e amplía as posibilidades de inserción laboral da xente moza.

A TIC impulsará a difusión destes eventos, xa que os alumnos do segundo curso dos ciclos de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, que depende da Deputación, realizarán a gravación íntegra de ambos os dous campionatos, o que permitirá a reprodución simultánea das demostracións dos participantes nunha pantalla. Posteriormente, os estudantes da EIS editarán un DVD, que se entregará ós responsables do IES de Foz para divulgalos certames.

Colaboración intercentros
A colaboración entre a TIC e o instituto de Foz é froito dun convenio entre ambas entidades e ten como finalidade promocionar no exterior as ensinanzas de hostalería que se imparten no IES mariñano, ó tempo que os estudantes do único centro da provincia que imparte ciclos da familia do audiovisual completan a súa formación. A gravación forma parte da programación de prácticas reais da Escola de Imaxe e Son de Lugo, nas que os alumnos dispoñen dos medios técnicos necesarios para desenvolver un traballo profesional que contribúa a súa inserción laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet