Produtora » Novas de Lugo » 2012

15/02/2012

Gómez Besteiro presentou o vídeo da homenaxe a Luis Tosar en Cospeito realizado por técnicos e bolseiros da TIC

  • archivos/fotos/grandes/_77K9211.JPG

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas
  • archivos/fotos/grandes/_77K9222.JPG

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas
  • archivos/fotos/grandes/_77K9242.JPG

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas
  • archivos/fotos/grandes/_77K9247.JPG

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas
  • archivos/fotos/grandes/_77K9260.JPG

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas
  • archivos/fotos/grandes/_77K9268.JPG

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas
  • archivos/fotos/grandes/_77K9273.JPG

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas

    Imaxes da entraga do DVD ca homenaxe a Luis Tosar en Xustas







O Presidente, familiares e amigos do actor participaron na proxeción do DVD sobre o recoñecemento a Tosar que tivo lugar en setembro na parroquia de Xustás
A cinta recolle, ademais das actividades desenvoltas durante a homenaxe, as testemuñas do intérprete sobre as súas vivenzas nesta parroquia chairega onde naceu
Este traballo é froito do convenio da TIC coa Federación de Asociacións de Veciños que se engade ós máis de 50 que mantén con outros colectivos lugueses

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este luns no Teleclube de Xustás, en Cospeito, o vídeo da homenaxe a Luis Tosar que o pasado mes de setembro organizou, coa colaboración da institución provincial, a Asociación de Veciños desta parroquia chairega de onde é natural o actor lucense galardoado con 3 Goyas. Na presentación participaron, ademais do dirixente de dito colectivo, Gonzalo Rodríguez, e ducias dos seus membros, os pais, a irmá, así como amigos do intérprete.

O traballo audiovisual foi realizado por técnicos da Fundación TIC coa participación de bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanza superiores no eido audiovisual. Inclúese, polo tanto, dentro da formación práctica que ofrece a Escola e coa que os estudantes desenvolven proxectos a nivel profesional, achegándose á realidade do mundo laboral. A cinta mostra as actividades celebradas na homenaxe de setembro, así como varias testemuñas e anécdotas relatadas polo propio Tosar sobre as súas vivenzas en Xustás.

“Un lucense comprometido coa provincia”
O titular provincial subliñou que “este DVD recolle un recoñecemento máis que merecido a un gran actor, pero sobre todo a un gran lucense que, a parte de ser un dos grandes profesionais da sétima arte deste país, fai lucensismo alá por donde vai, logrando que, por primeira vez, os Goyas falasen galegos e o pobo de Xustás se convertese na capital do cine nacional. Esta é a faceta do actor que máis nos gusta, a do lucense comprometido con Lugo e coa súa terra”. Besteiro lembrou que, por este motivo, a Deputación elexiuno para ser a imaxe da provincia na campaña turística que puxo para promocionar Lugo, e a través da que un autobús deu a coñecer a riqueza paisaxística, gastronómica e hostaleira da provincia polas principais cidades do norte de España. “Durante moito tempo estivemos mirando cara fóra, cando o verdadeiro tesouro estaba dentro, por iso cremos que a imaxe de Tosar era o mellor escaparate deste bus co que demos a coñecer o extraordinario patrimonio que temos”, destacou.

Luis Tosar, nacido en Xustás en 1971 e gañador de tres premios Goya polas súas interpretacións en “Los lunes al sol”, “Te doy mis ojos” e “Celda 211”, sempre se amosou orgulloso das súas orixes lucenses e chairegas. O actor destaca tamén como cantante. Precisamente, actou xunto coa súa banda “Di Elas” nas pasadas festas do San Froilán.

A TIC cas asociacións da provincia
Esta colaboración é o resultado dun convenio subscrito entre Fundación e Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo á que pertence a Asociación Xente de Xustás. O obxectivo deste acordo é dar difusión ás actividades deste colectivo, ademais de contribuír a inserción laboral dos alumnos da Escola de Imaxe e Son. Na actualidade, a TIC, organismo da Deputación luguesa, está a colaborar cun total de 51 asociacións e empresas sen ánimo de lucro da provincia. Dentro destas entidades atópanse ONG´s e asociacións culturais e deportivas, así como empresas que fomentan o emprego das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet