Produtora » Novas de Lugo » 2012

12/04/2012

O EX-ALUMNO Rafael Pérez Fidalgo xunto cos membros do colectivo Theremintourette imparten un curso sobre LIvecinema na Fundación Tic

  • archivos/fotos/grandes/546675_402872956398654_350397468312870_1580099_17064026_n.jpg

    foto 1

    foto 1
  • archivos/fotos/grandes/544530_402871203065496_350397468312870_1580093_1275565410_n.jpg

    foto2

    foto2







O curso está impartido polos membros do colectivo Theremintourette Anxo Babío e Rafael Pérez Fidalgo, exalumno da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
O seu obxectivo é establecer unha base tanto teórica coma práctica para que o alumno se poida desenvolver no ámbito do video - experimental en directo.
Baixo o neoloxismo de Live Cinema agrúpanse un conxunto de prácticas diversas que que expanden os límites do concepto cinematográfico. O Live Cinema camiña da man dos avances en computación, o uso meta-narrativo do software ou a introdución no campo audiovisual de elementos máis propios da performance como a presenza ou a condición efémera.
A matrícula é gratuíta con preferencia para os alumnos do ciclo de realización audiovisual dada a natureza dos contidos e os coñecementos previos requiridos para a realización do curso.
O curso desenvolverase na sala de edición da Escola de Imaxe e Son de Lugo en dúas datas a elixir:
xoves 12 de abril de 16:00 a 20:00
xoves 19 de abril de 16:00 a 20:00.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet