Produtora » Novas de Lugo » 2012

04/05/2012

Alumnos da EIS realizan actividades acuáticas na Mariña e completan a reportaxe das posibilidades deportivas na provincia

imaxe dos alumnos grabando e participando nas actividades de km0 xtremeimaxe dos alumnos grabando e participando nas actividades de km0 xtreme

23 estudantes practicaron surf en Barreiros, así como wakeboard e kite-surf en Ribadeo, ó tempo que grabaron os seus compañeiros participando na modalidade Km0 Xtreme.
Este traballo audiovisual, que tamén inclúe escalada ou rutas en bici, enmárcase na programación práctica para os alumnos de 1º curso de Realización xunto a outras 4 pezas.

Vintetres alumnos de primeiro curso do ciclo superior de Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) participaron este xoves na modalidade Km0 Xtreme para completar a reportaxe que están a realizar sobre a oferta deportiva e de multiaventura existente na provincia. Trátase dunha xornada lúdico-formativa xa que, ó tempo que fixeron surf na praia de Lóngara, en Barreiros, así como wakebord e kite-surf na ría de Ribadeo, grabaron ós seus compañeiros practicando ditas actividades.

E é que os estudantes do único centro que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual na provincia, dependente da Fundación TIC da Deputación, están a elaborar un traballo audiovisual no que se inclúen, ademais, escalada nun rocódromo ou rutas en mountain bike pola provincia, entre outros deportes. Esta reportaxe forma parte da programación práctica para os alumnos que comezaron este ano ós seus estudos na EIS e na que se inclúen outras catro pezas audiovisuais. Están elaborados polos estudantes na súa totalidade e baixo a supervisión dos docentes, contando para elo con todos os medios técnicos necesarios para simular un traballo do mundo laboral real.

A viaxe enmarcada no programa medioambiental que xera emprego na provincia coa promoción dos recursos naturais e establecementos da hostalería, comercio, artesanía, entre outros sectores, pertencentes a autónomos e PEMES da provincia, tamén incluíu unha visita ó Pozo do Ollo, situado no Lugar de Interés Comunitario (LIC) Parga-Ladra-Támoga, no Concello de Begonte, así como unha comida no porto deportivo ribadense.

Prácticas en escenarios reais


A Escola de Imaxe e Son ofrece ós seus alumnos formación práctica en contextos e escenarios reais para adaptalos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. E por elo, que os rapaces participan na elaboración dos traballos audiovisuais que a Fundación TIC realiza a ONG’s e asociacións culturais ás que apoia no seu labor social, impulsando a inserción laboral de persoas con discapacidade; a entidades deportivas, que axuda para fomentar o deporte base; así como a empresas que traballan en prol do fomento do emprego no eido das novas tecnoloxías. Con estes fins, a TIC ten asinados máis de 50 convenios con asociacións sen ánimo de lucro e máis de 60 contratos con empresas españolas do sector multimedia. No último ano, o organismo dependente da Deputación incrementou en máis dun 400% os acordos cos colectivos lucenses.



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet