Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2012
02/07/2012
As solicitudes para o vindeiro curso na EIS aumentan nun 37% catro días antes de que remate o prazo de preinscrición
logo
Todos os interesados teñen ata o 5 de xullo a posibilidade de preinscribirse para optar ás 44 prazas de primeiro de Realización e Produción no curso 2012-2013
O 6 de xullo publicarase a lista de admitidos e do 10 ó 18 de xullo poderá formalizarse a matrícula, que será gratuíta agás para os repetidores
O prazo de preinscrición para o curso 2012-2013 na Escola de Imaxe e Son (EIS) .
está aberto desde o 22 de xuño ó 5 de xullo. Na primeira semana presentaron a súa solicitude 37 persoas, o que supón un incremento do 37% con respecto ó mesmo periodo do ano pasado, no que houbo 27 solicitudes. En concreto, desde o 22 de xuño formalizáronse 25 preisncricións para o primeiro curso do ciclo Superior de Realización e 12 para o de Produción. En cada un destes módulos ofrécense 22 prazas. A maioría dos que solicitan a adminisión no centro, o único que imparte ensinanzas da rama audiovisual na provincia, proceden de 2º de BAC e, en menor medida, séguenlle os que pasaron as probas de acceso ou teñen outro ciclo superior.
Os interesados deberán presentar unha fotocopia do DNI, a certificación académica e cumprimentar o impreso que atoparán na web da Fundación (www.fundaciontic.org) ou na propia Escola. A documentación debe presentarse na sede da EIS, na rúa Frei Plácido Rey Lemos s/n.
Lista de admitidos e matrícula
Unha vez rematado o prazo, e no caso de ser maior o número de preinscricións que o de prazas, as solicitudes serán valoradas e o 6 de xullo farase pública a listaxe de admitidos así como os solicitantes que quedan en lista de espera e os excluídos. As listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Escola e na web da TIC. A matrícula poderá formalizarse do 10 ó 18 de xullo. No caso de existir vacantes, renuncias ou baixas, as prazas serán adxudicadas por orde de entrada de solicitude.
Gratuíta con excepcións
O vindeiro curso a Deputación manterá a gratuidade da matrícula por quinto ano consecutivo para todos os alumnos, agás ós repetidores, unha novidade coa que se pretende fomentar a cultura do esforzo. O pasado curso cubríronse, por terceiro ano consecutivo, todas as prazas e houbo unha longa lista de espera.
A EIS ofrece 44 prazas, 22 para cada un dos módulos de primeiro de Realización e Produción. O centro imparte 2.000 horas lectivas, distribuídas en dous cursos formativos. Desde o inicio das actividades da EIS, en 2003, preto de trescentos alumnos cursaron os seus estudos no centro. Pero non foi ata o ano 2009 cando, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e, debido á elevada demanda, houbo lista de espera.
A inserción laboral como prioridade
Entre os obxectivos prioritarios da Fundación está o de facilitar a insercion laboral dos alumnos da EIS. Na actualidade a TIC mantén convenio con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia e ten asinados máis de 100 convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audioisuais. Esta liña de colaboración permite que os alumnos e titulados da Escola leven a cabo traballos profesionais a través dun programa de bolsas que lles facilitan a súa incorporación ó mercado laboral.
Volver