OBXETIVOS
Os obxectivos da Film Commission son os seguintes:
Promover o territorio da provincia como espazo axeitado para a rodaxe e produción de todo tipo de obras de carácter audiovisual.
Tramitar os permisos de rodaxe.
Ofertarlles apoio loxístico aos produtores de ámbito nacional e internacional pertencentes ao sector audiovisual.
Asesorar na busca de localizacións.
Proporcionarlle ao sector técnicos e servizos para a posta en marcha de producións audiovisuais.
Facer o seguimento das rodaxes que se produzan en Lugo e a súa provincia.
Colaborar na formación dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo (CPR TIC).
Fomentar as actividades de formación audiovisual.
Asistir e participar en eventos relativos á promoción e produción audiovisual e/ou coa promoción turística fomentando deste xeito o patrimonio cultural da provincia.
Colaborar co Consorcio Audiovisual de Galicia e outras entidades na realización de actividades relacionadas co sector audiovisual.
Elaborar informes ou memorias anuais sobre o desenvolvemento do sector audiovisual na provincia.