Alumnos da EIS aprenden a realizar maquillaxes especiais nun obradoiro de caracterización de Halloween
foto 4
foto 2
foto3
foto 1
Estudantes de 2 de Produción coñeceron técnicas básicas de efectos especiais sobre como facer sangue, feridas falsas ou quemaduras e elaboraron terroríficcos personaxes empregando materiais coma látex, carne artificial ou colodion
A actividade desenvolveuse no Centro de Produción de Programas da Fundación TIC e forma parte do módulo de Representacións Escénicas e Espectáculos da programación práctica complementaria que a Escola ofrece o seu alumnado
Alumnos de 2º do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS), aprenderon a realizar durante o día de hoxe, previo a difuntos, sorprendentes efectos especiais nun obradoiro de caracterización de Halloween. Nesta xornada, grazas ó apoio docente, os estudantes coñeceron todas as técnicas básicas necesarias para realizar efectos especiais de maquillaxe, coas que puideron fabricar, entre outros, sangue artificial, feridas falsas ou quemaduras.
Grazas a estes terroríficos efectos deron un maior realismo as súas creacións de típicos personaxes de ultratumba e outros seres de ficción. Deste xeito, os alumnos deron vida entre outros a personaxes de terror, como a “noiva cadáver”, do filme do mesmo título do famoso director Tim Burton, espeluznantes zombis ou clásicos da imaxinería do terror como Drácula.
Para a súa elaboración empregaron diversos materiais como látex, carne artificial ou colodion, pegamento usado na elaboración de cicatrices falsas, que son empregados de xeito habitual polos profesionais do efectos especiais e que a Escola puxo a disposición do seu alumnado. Ademáis, os alumnos da EIS realizaron un making off , para deixar constancia de todos os pasos necesarios durante o proceso de creación.
Esta actividade, que se desenvolveu nas instalacións do Centro de Produción e Programas que a Fundación TIC ten no polígono do Ceao, é unha das materias incluídas no módulo “Representacións Escénicas e Espectáculos”, que forma parte da práctica complementaria que a Escola ofrece ós seus alumnos.
A Escola de Imaxe e Son de Lugo contempla no seu plan de estudos unha ampla programación práctica que complementa a parte teórica. Precisamente esta formación práctica é unha das prioridades da EIS, o único centro educativo da provincia que ofrece estudos da rama do audiovisual, co fin de ampliar as saídas profesionais do seu alumnado e facilitarlles a súa futura inserción laboral no mundo do audiovisual.