A moda tamén é espectáculo na Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC
Imaxe do desfile
Imaxe do desfile
Imaxe do desfile
Imaxe do desfile
Imaxe do desfile
Alumnos da Fundación TIC organizan un desfile de moda para presentar a colección do deseñador Óscar González.
A actividade foi organizada polos alumnos coma un traballo de clase no módulo de Rexeduría de Espectáculos.
Se trata dunha actividade programada dentro do módulo de Rexeduría de Espectáculos e organizada íntegramente polos alumnos como parte dun traballo de clase. Para coñecer de preto as características deste tipo de eventos contaron cunha demostración práctica para todo o alumnado e personal do centro.
O salón de actos da EIS converteuse en pasarela para amosar os deseños de Óscar González, novo talento da moda galega, quen ademáis contou con modelos profesionais, coreografía, ambientación musical e lumínica como parte dun proxecto completamente profesional.
'Proyecto: [21stCntry]B.' É o nome da colección que entusiasmou aos asistentes. O estilo amosado por este deseñador caracterízase pola mistura de materiais nobres como algodón, peles naturais, e coiro adornado con tachas e pinchos metálicos, acorde á moda actual. A colección presenta liñas neutras e cores sobríos só descadados por superposicións de materiais.
A peza que máis impresionou ao público foi unha chaqueta de liño antigo pintada a man por él mesmo que foi a encargada de pechar a exhibición. Pero no desfile se poideron ver outros deseños de pantalóns, camisetas, camisas e chaquetas.
Este evento forma parte dunha práctica dos alumnos de primeiro de realización sobre os diferentes tipos de espectáculos. Outros grupos escolleron para o seu traballo a maxia, os xogos olímpicos, a mímica ou as “performance” e todos incluíron algún tipo de representación práctica. Se trata dun primeiro contacto dos alumnos coa organización e planificación de eventos deste tipo dentro do módulo de Rexeduría de Espectáculos no que desenvolverán ao longo de todo o curso outros traballos prácticos.
Un novo deseñador galego
Óscar González Martínez ten 22 anos e vive en Vigo. Estudou Deseño de Moda en Santiago de Compostela, na Escola Mestre Mateo. A súa primeira colección , feita este mesmo ano se chama 'Proyecto: [21stCntry]B.' e nace do enfrontemento entre as tendencias recionalistas e os movementos de carácter romántico/tradicional: superficies pulidas en contraste de interiores traballados, prendas híbridas, forte influencia da ciencia-ficción e profundo estudo da sastrería. Os seus deseños van dirixidos a un público masculino, entre 20 e 35 años, cun espíritu ecléctico e interesado nas tendencias artísticas e as linguaxes do século XXI.