A TIC difundirá o III Congreso Ibérico do Lobo que se celebra esta fin de semana en Lugo coa gravación dun DVD
Bolseiros da Escola de Imaxe e Son e persoal técnico da Fundación gravarán integramente as ponencias dos expertos neste mamífero que se darán cita por primeira vez en Lugo
-É unha nova colaboración da Fundación TIC, que promociona o labor de 120 organizacións realizando material audiovisual,co que contribúe á formación práctica dos seus alumnos
Un equipo formado por bolseiros e persoal técnico da Fundación TIC gravará a totalidade das ponencias que ofrecerán os investigadores que se darán cita entre os días 23 e 25 de novembro na Facultade de Veterinaria de Lugo, dentro do III Congreso Ibérico do Lobo, que se celebra por primeira vez na capital lucense. Forma parte do convenio de colaboración que ten asinado a Fundación coa Asociación Galega de Custodia do Territorio, organizadora deste evento, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo. Con todo este material elaborarase un DVD que contribuirá á posterior do Congreso, no que expertos internacionais daranse cita na cidade amurallada para poñer sobre a mesa os resultados dos seus últimos traballos, emprendidos dende diferentes puntos de vista.
Segundo a Asociación Galega do Territorio, a provincia de Lugo é a que máis manadas desta especie ten en Galicia. As xornadas xirarán en torno a tres eixos: ecoloxía e bioloxía, xestión e conservación e o lobo e o home. Ademais tratarase de reflexionar sobre como equilibrar o papel fundamental do lobo no noso ecosistema co dano que produce, en ocasións, na gandería. O Congreso reunirá a profesionais españois e portugueses que investigan no campo deste mamífero. O encontro contará tamén con dous conferenciantes de excepción: Luigi Boitani, profesor na Universidade de Roma “La Sapienza” e Claudio Sillero-Zubiri, Subdirector do WildCRU (Universidade de Oxford).
O labor sociocultural da TIC
Esta colaboración da Fundación TIC é posible grazas ó convenio subscrito coa Asociación, organizadora do Congreso e que é unha das 120 entidades coas que colabora a TIC para a promoción do seu labroa sociocultura