Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2012

22/11/2012

Alumnos da Escola de Imaxe e Son aprenden dos profesionais con prácticas en programas de radio e estudos de son

  • archivos/fotos/grandes/1.jpg

    1

    1
  • archivos/fotos/grandes/10.jpg

    10

    10
  • archivos/fotos/grandes/2.jpg

    2

    2
  • archivos/fotos/grandes/8.jpg

    8

    8
  • archivos/fotos/grandes/3.jpg

    3

    3
  • archivos/fotos/grandes/4.jpg

    4

    4
  • archivos/fotos/grandes/5.jpg

    5

    5
  • archivos/fotos/grandes/7.jpg

    7

    7







Esta actividade serve de complemento á formación da EIS e ten por obxectivo achegar o mundo laboral ós rapaces e rapazas que cursan os seus estudos no único centro público da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual
A gravación dun CD de música, a realización dun programa de radio e un obradoiro de teatro son tres das actividades programadas para o mes de novembro

Alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC están a realizar durante novembro prácticas con profesionais do eido audiovisual como complemento a súa formación no centro e co obxectivo de que tomen contacto directo coa realidade laboral. Este mes están a participar nun programa de radio de Onda Cero e na gravación dun CD musical nos estudos de son de Eloy Caldeiro.

Radio en directo
Unha vez á semana, os alumnos de primeiro curso do Ciclo de Produción participan no magacine “Lugo nas Ondas”, que se despraza ós barrios da cidade para achegar a radio ó publico. Divididos en dous grupos, e baixo a supervisión de docentes da Escola, colaboran en todo o proceso de elaboración do programa comprobando in situ os problemas que poden xurdir nun proxecto destas características e aprendendo dos profesionais como resolvelos. Trátase dunha primeira toma de contacto co mundo profesional radiofónico, que non ten por que rematar con esta práctica xa que Onda Cero é unha das 70 empresas que colabora coa Fundación TIC ofrecendo bolsas para que os seus titulados realicen prácticas nas súas emisoras de radio.
Outra das actividades complementarias deste mes é nos estudios de son de Eloy Caldeiro, que estes días acollen a gravación dun CD musical con grandes figuras da música galega. Dende esta empresa tamén se lle da a oportunidade ós alumnos da Fundación TIC de que aprendan desta experiencia. Organizados en quendas participan en todo o proceso de elaboración e asisten tanto as sesións de gravación como de mestura, coñecendo deste xeito o minucioso traballo que se agocha detrás da elaboración dun CD musical.
Dentro das actividades prácticas programadas para ampliar a formación dos alumnos da Escola, o mes de novembro pecharase cun obradoiro de teatro. O actor e director de teatro Alberte Cabarcos será o encargado de traballar cos alumnos e profesores apuntados ó curso poñendo en práctica varias técnicas interpretativas que lles serán de grande axuda na súa vida profesional e persoal. Neste caso, a actividade desenvolverase no propio centro e inclúe contidos que van dende a relaxación e a proxección da voz ata o traballo de configuración dun personaxe.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet