Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2012

04/12/2012

A TIC gravou por terceiro ano a Noite Aberta para apoiar ó emprego do comercio lucense

  • archivos/fotos/grandes/_77K7180.JPG

    ALUMNOS ESCOLA DE IMAXE E SON

    ALUMNOS ESCOLA DE IMAXE E SON
  • archivos/fotos/grandes/_77K7143.JPG

    ALUMNOS EN NOITE ABERTA

    ALUMNOS EN NOITE ABERTA
  • archivos/fotos/grandes/_77K7151.JPG

    ALUMNOS EN NOITE ABERTA CONCELLO

    ALUMNOS EN NOITE ABERTA CONCELLO







Alumnos da Escola de Imaxe e Son distribuídos en 7 equipos participaron na gravación coa que se elaborará un DVD para promover a iniciativa impulsada por Deputación, Concello e a Asociación de Autónomas
A Fundación TIC colabora cas Autónomas desde a primeira edición deste evento ó igual que noutros celebrados na cidade como o Street Market ou a Feira Outlet para difundir o labor do colectivo e facilitar a inserción laboral dos estudantes da EIS
Máis de 50 comercios do centro ofreceron onte desde as 8 da tarde ata as 12 da noite, espectáculos na rúa, agasallos e suculentos descontos nos establecementos participantes

A Fundación TIC gravou por terceiro ano consecutivo a Noite Aberta para apoiar ó emprego dun sector estratéxico da economía lucense que atravesa tempos difíciles como son os autónomos e o pequeno comercio. Para elo, a TIC despregou un amplo equipo de profesionais que rexistraron cas súas cámaras as numerosas actividades que se desenvolveron tanto no interior dos establecementos como as que tiveron lugar nas rúas e no photocall que se instalou na Praza Maior.

Alumnos da Escola de Imaxe e Son dos ciclos superiores en Realización e Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos participaron en todo o proceso de gravación. Dirixidos por docentes e técnicos da TIC, os estudantes distribuíronse en 7 equipos que estiveron compostos por un produtor, realizador, reporteiro, técnico de son e tres operadores de cámara. Deste xeito, os alumnos puideron por en práctica os seus coñecementos completando a súa formación fóra das aulas ademais de introducirse na realidade da profesión. Co material obtido, ó igual que ocorreu noutras edicións, elaborarase un vídeo promocional que servirá de carta de presentación do evento que impulsan Deputación, Concello e Asociación de Autónomas de Lugo.

A Fundación TIC, organismo dependente da Deputación, vén colaborando coa Asociación de Autónomas de Lugo nesta iniciativa desde que se puxo andar hai xa tres anos. Pero este non é o único apoio a este colectivo, a TIC participou noutros proxectos celebrados polos comerciantes para dinamizar o pequeno comercio da cidade como a Feira Outlet ou o Street Market, este último celebrado por primeira vez en Lugo o pasado día 4 de setembro. Isto é posible grazas o convenio de colaboración que a Fundación mantén co colectivo lucense para difundir o seu labor e ampliar a formación práctica dos estudantes da Escola en Imaxe e Son da TIC co obxectivo de facilitarlles o acceso nun futuro o mundo laboral.

Noite con descontos e espectáculos.
Máis de 50 comercios do centro da cidade identificados cunha alfombra branca participaron onte na terceira edición da Noite Aberta ofrecendo ata as 12 da medianoite descontos, cátering, música e actuacións en directo. A velada que arrincou ás 8 da tarde cun chupinazo desde o balcón do Concello, tivo un ano máis unha boa acollida de público. Numerosas personas seguiron no photocall instalado na Praza Maior os desfiles nos que modelos luciron sobre a pasarela as prendas dos establecementos participantes e que estiveron acompañados coa música en vivo dun disc-jockey e unha barra con servizo de coctelería. Tamén animaron á noite de compras as demostracións de baile e espectáculos que se desenvolveron diante dos locais e polas rúas. No seu terceiro ano de vida a iniciativa xa se consolida no calendario lucense como incentivo ás vendas ante a chegada da campaña Navideña.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet