Alberte Cabarcos imparte un taller de interpretación na Escola de Imaxe e Son
imaxe do taller de teatro
Imaxe do taller de teatro
imaxe do taller de teatro
Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo participaron nun taller de teatro dunha semana de duración e dirixido por Alberte Cabarcos.
Alumnos da Escola de Imaxe e Son dos ciclos superiores en Realización e Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos puideron participar durante unha semana nun taller de teatro organizado nas instalacións da escola pertencente a Fundación TIC. Este taller permite os alumnos familiarizarse coas técnicas interpretativas e coa dirección de actores para desenvolver os seus proxectos na escola e no seu futuro laboral no audiovisual.
As clases foron impartidas polo actor e director lucense Alberte Cabarcos, con experiencia no teatro e no audiovisual, non so como actor, presentador, tamén como director, editor de video, guionista e docente. Os alumnos practicaron diversas técnicas de expresión corporal e posta en escena.
Formación práctica e complementaria
Esta é unha das actividades complementarias que a Escola de Imaxe e Son está a organizar para completar e mellorar a formación dos seus a lumnos co obxectivo de facilitarlles o acceso nun futuro o mundo laboral. Xunto con esta iniciativa desenvolveronse o pasado mes de novembro outras como unha classe maxistral co director de fotografía Jacobo Martínez, un obradoiro de caracterización, un taller nun estudio de son sobre a gravación dun CD musical, participación na gravación na rúa de programas de Onda Cero, e actividades prácticas da escola realizadas na rúa como a gravación da Noite Aberta realizada polo comercio lucense.