Alumnos de segundo de Realización da EIS editaron un DVD coa gravación íntegra da opereta “La verbena de la Paloma”
entrega dvdA Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, fixo entrega do traballo á directora do Centro de Música de Fingoi, Siña Fernández
O vídeo foi realizado polos estudantes, tutelados por docentes e técnicos da Fundación TIC, co material resultante da gravación completa do clásico da opereta española. Para elo, o equipo da TIC desprazou a súa unidade móbil ó auditorio Gustavo Freire, onde tivo lugar a representación a cargo dos alumnos do Centro de Música de Fingoi.