Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

18/03/2013

Produtores de obras candidatas ós Premios Mestre Mateo comparten experiencias cos alumnos da EIS

  • archivos/fotos/grandes/mestre-mateo-FundacionTIC-lugo.JPG

    Imaxe do encontro dos nominados aos Mestre Mateo e os alumnos da Fundación TIC

    Imaxe do encontro dos nominados aos Mestre Mateo e os alumnos da Fundación TIC
  • archivos/fotos/grandes/mestre-mateo-FundacionTIC-lugo-productores.JPG

    Encontros Mestre Mateo

    Encontros Mestre Mateo
  • archivos/fotos/grandes/mestre-mateo-FundacionTIC-lugo-salon.JPG

    Encontros Mestre Mateo na Fundación TIC

    Encontros Mestre Mateo na Fundación TIC







Os estudantes da Escola de Imaxe e Son, dependente da Fundación TIC, participaron este luns no Pazo de San Marcos nunha mesa redonda con tres profesionais do sector, responsables dos traballos con máis aspiracións a conseguir os distinguidos galardóns
A iniciativa, presentada pola Deputada de Deseño e Artesanía e Patroa da TIC, Regina Polín, forma parte dos Encontros Mestre Mateo, organizados pola Academia do Audiovisual como preámbulo a XI edición destes Premios que se celebra o vindeiro día 6 de abril na Coruña

No encontro participaron como poñentes tres dos produtores de televisión e cine das obras máis nomeadas ós galardóns. Estes profesionais son Alberto Tomé, Xefe de Produción de Invasor, a longametraxe que pelexou en 5 categorías dos Premios Goya deste ano; Adrián Reza, Director de Produción do programa de televisión Galegos no Mundo, e Alberto Guntín, Produtor executivo da serie galega Matalobos.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet