Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

03/04/2013

A Fundación TIC difundirá en directo a través da súa web o II Concurso Lucus Intercentros que se celebra en Lugo este venres

imaxe da unidade movil empregada para as retransmisiónsimaxe da unidade movil empregada para as retransmisións

- O obxectivo do concurso educativo, que comezará ás 10:30 horas no IES Muralla Romana, é poñer en contacto estudantes e docentes dos oito institutos da capital
- Alumnos de 2º da EIS empregarán unha unidade móbil con cinco cámaras na transmisión por streaming, que permitirá ós estudantes dos centros participantes seguir en tempo real o evento desde as aulas
- A Fundación e o instituto Muaralla Romana manteñen unha estreita colaboración que se intensificou nos últimos anos e que inclúe a edición de un DVD sobre o certame

A Fundación TIC, dependente da Deputación, difundirá en directo a través da súa web o II Concurso Lucus Intercentros que organizan este venres os estudantes do ciclo Superior de Secretariado do IES Muralla Romana de Lugo. Os alumnos de 2º de Realización e Produción da EIS, baixo a supervisión de docentes e técnicos auxiliares docentes, empregarán unha unidade móbil con cinco cámaras e todo o material necesario para a transmisión do evento en tempo real grazas ó sistema streaming.

Deste xeito, todos os interesados poderán ver en directo o concurso a través de calquera dispositivo móbil. Ademais, os alumnos e profesores dos oito institutos participantes poderán seguir a evolución da competición desde as aulas. Por outra banda, os estudantes da EIS editarán un DVD que se entregará ós centros educativos para divulgar esta actividade.

Concurso para interrelacionarse
O II Concurso Lucus Intercentros, que comezará ás 10:30 horas no salón de actos do IES Muralla Romana, forma parte das actividades incluídas nas X Xornadas de Interrelación Curricular que teñen como obxectivo poñer en contacto ós alumnos e docentes dos oito institutos de educación secundaria públicos da capital. Ademais da TIC, colaboran a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e o CIFP Politécnico de Lugo.

O concurso desenvolverase ó longo da mañá do venres en oito fases eliminatorias. Cada centro presenta un equipo formado por 3 alumnos de primeiro de bacharelato, que se someterán ás preguntas de cultura xeral elaboradas polos profesores dos distintos departamentos do Muralla Romana. O certame seguirá un formato dixital para recibir e dar resposta ás preguntas a través de ordenadores.

O evento rematará coa entrega de premios ós estudantes que amosen un maior nivel de coñecemento. O equipo vencedor recibirá unha tablet de 8 Gb para cada un dos seus membros; unha tablet de 4 Gb para os da segunda posición; unha memoria USB de 32 G para os terceiros; unha memoria USB de 16 G para os cuartos, e unha memoria de 8 G para cada un dos membros dos outros equipos participantes.

Intercambio educativo
A colaboración entre a Fundación TIC e o IES Muralla Romana xurde ó abeiro dun convenio entre ambas entidades, que ten como finalidade promover as ensinanzas que se imparten no instituto lugués, ó tempo que os estudantes do único centro da provincia que imparte formación profesional do eido audiovisual completan a súa formación.

A estreita relación intensificouse nos dous últimos anos con iniciativas como a colaboración neste concurso ou a realización de prácticas de perruquería e maquillaxe por parte dos alumnos do instituto en programas feitos por alumnos da Escola de Imaxe e Son.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet