O Colexio María Auxiliadora nas visitas didácticas da Fundación TIC
maxes da visita dos alumnos do colexio María Auxiliadora
Varios alumnos do colexio María Auxiliadora Lugo coñeceron de preto como se realiza un programa de televisión e puideron poñerse por un día diante das cámaras para presentar o seu propio informativo
O programa de visitas lúdicas organizado pola Fundación TIC continou coa visita dos alumnos do colexio María Auxiliadora, é unha iniciativa gratuita que pretende achegar os mozos lucenses ás novas tecnoloxías dun xeito lúdico.
Os rapaces coñeceron de preto o traballo diario dun estudo de televisión –coma a produción, edición, realización e postprodución de audiovisuais-, o que lles permitiu coñecer polo miúdo as instalacións da Escola de Imaxe e Son (EIS) e do Centro de Produción de Programas (CPP). Ó final da xornada, cada un deles levou para casa unha copia do informativo posto en marcha polos alumnos da EIS e no que os mozos visitantes participaron activamente.