Alumnos do IES Terra Cha visitaron a Fundación TIC
Imaxes da visita dos alumnos do IES Terra Cha
Varios alumnos do colexio IES Terra Cha coñeceron de preto como se realiza un programa de televisión e puideron poñerse por un día diante das cámaras para presentar o seu propio informativo
O programa de visitas lúdicas organizado pola Fundación TIC é unha iniciativa gratuita que pretende achegar os mozos lucenses ás novas tecnoloxías dun xeito lúdico.
Os rapaces coñeceron de preto o traballo diario dun estudo de televisión –coma a produción, edición, realización e postprodución de audiovisuais-, o que lles permitiu coñecer polo miúdo as instalacións da Escola de Imaxe e Son (EIS) e do Centro de Produción de Programas (CPP). Ó final da xornada, cada un deles levou para casa unha copia do informativo posto en marcha polos alumnos da EIS e no que os mozos visitantes participaron activamente.