Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Ticodiario

06/05/2013

O IES Xoan Montes nas visitas didácticas da Fundación TIC

imaxes da visita dos alumnos do Xoan Montes






Alumnos do instituto lucense Xoan Montes descubriron os segredos da televisión como se traballa nunha productora e nun plató de televisión e presentaron o seu propio informativo



Os rapaces coñeceron de preto o traballo diario dun estudo de televisión –coma a produción, edición, realización e postprodución de audiovisuais-, o que lles permitiu coñecer polo miúdo as instalacións da Escola de Imaxe e Son (EIS) e do Centro de Produción de Programas (CPP). Ó final da xornada, cada un deles levou para casa unha copia do informativo posto en marcha polos alumnos da EIS e no que os mozos visitantes participaron activamente.

O programa de visitas lúdicas organizado pola Fundación TIC é unha iniciativa gratuita que pretende achegar os mozos lucenses ás novas tecnoloxías dun xeito lúdico.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet